Hai portas que só se abren coa imaxinación… e cun figo.
Artai nunca imaxinou que unha promesa á súa avoa o levaría a vivir a maior aventura da súa vida. Nin que, afastado das pantallas, atoparía a Briana, unha rapaza chea de segredo e forza. Xuntos, descubrirán que o Mosteiro de Santa María de Oia agocha moito máis que pedras antigas: é un punto máxico onde o tempo se dobra.
De figueira en figueira, viaxarán por séculos de historia, entre mariñeiros, monxes artilleiros e piratas, desvelando os misterios dunha terra que fala se sabes escoitala.
Unha viaxe no tempo onde o pasado cobra vida e o futuro depende do que fagas hoxe.
Tapa branda
Dalia Pulido González
978-84-09-72320-1
106
2025
Galego
9,95 €
Envío dispoñible – Disponibilidade inmediata
Click & Collect dispoñible