Os nosos libros
A editorial
Serra da Groba nace en Galicia en
tendo como obxectivo identificar, promover e difundir o coñecemento sobre a historia e o patrimonio artístico, etnográfico e natural da Serra da Groba, compartida polos concellos de Oia, Baiona, Gondomar, Tomiño, O Rosal e A Guarda. Centro do antigo e descoñecido territorio Turonium, segue agochando infinidade de segredos que merecen ser desentrañados e coñecidos.
Este proxecto editorial forma parte da dinamización cultural que leva a cabo o Real Mosteiro de Oia, dentro dunha estratexia integral para a rehabilitación e posta en valor do monumento.
Dende Serra da Groba Edicións axudamos e acompañamos a investigadores e historiadores a publicar as súas obras, así como a escritores noveles que se senten inspirados pola historia do Mosteiro.